Este ano Voz Natura, no seu 25 aniversario, propuxo unha serie de retos para fomentar accións de proteción, concienciación e recuperación medioambiental. O eco reto do mes de outubro ten como obxectivo a limpeza da natureza.
Esta semana continuamos coas actividades
propostas para o desenvolvemento do Proxecto Documental deste curso:
”Coñecemos Celeiro”. Neste caso, todos os cursos fixemos unha saida pola
nosa contorna para realizar as fotos para o noso calendario, visitando
lugares ”emblemáticos” da nosa parroquia.
Os nenos e nenas de
primaria aproveitaron esta pequena excursión para cumprir o eco reto
deste mes. Neste video podedes ver a nosa pequena contribución para un
Celeiro máis limpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario