O venres, 17 de xuño, as alumnas e alumnos de 5º
e 6º de Primaria, xunto coas mestras Madga e María José, marcharon cara á Praia da Abrela (Vicedo) para disfrutar dunha intensa
xornada de clases de Surf, a cargo da
sábado, 18 de junio de 2022
Unha clase de Educación Física moi especial
Comezaron cunhas clases teóricas na area nas que lles
explicaron as partes de táboa, a posición básica, e fixeron uns xogos de
quecemento para pasar á auga, onde todo o alumnado subíu á táboa e
“surfearon”.
Queremos dende aquí facerlle chegar á nosa gratitude aos
monitores da Viveiro Surf Escola pola súa magnífica
acollida e por todo o que nos ensinaron.
viernes, 17 de junio de 2022
Excursión ao Monte San Roque
O pasado mércores, 15 de xuño, o alumnado de Infantil foi de excursión ao Monte San Roque
invitados pola ANPA e alí realizaron distintas actividades organizadas por ROQSPORT: visita aos
animais, paseo e contacontos cun “trasgo”, xogaron nos hinchables e
puideron tirarse polas tirolinas.
Pasárono xenial!
No seguinte vídeo podedes
ver algúns destes momentos.
Moitas grazas a ANPA por organizar esta
xornada.
viernes, 10 de junio de 2022
XORNADA MEDIOAMBIENTAL
Esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo
Europeo Marítimo e da Pesca), nace froito do convenio de colaboración
entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover
actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o
medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social
da súa contorna e dos produtos de pesca.
A xornada dividiuse en 4 ambientes diferentes:
- a primeira hora, todo o alumnado decorou a súa capa de superheroe e superheroína, con ela convertíronse en especialistas no coidado do Medio Ambiente
- unha xincana de recolecta de lixo,
- proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta
- un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña.
O obxectivo é
que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a
necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria están convocados a participar nun
concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa
presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e
eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de
materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a
vea artística destas pequenas e pequenos. O concurso está aberto ata o día 18 de xuño.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN
PREMER NA IMAXE
VÍDEO DA XORNADA
jueves, 9 de junio de 2022
VISITA AO HELIPORTO DE CELEIRO
Todo o alumnado de Educación Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións do Heliporto de Celeiro.
O Heliporto Costa Norte é un heliporto situado na localidade de Celeiro, no Concello de Viveiro, nas inmediacións do Porto de Celeiro. Este heliporto foi construído a finais dos anos 80, e unha década despois modernizado e ampliado a unha superficie de 4.000 metros cadrados.
Este heliporto é a base do helicóptero "Pesca 2", un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia.
Na visita, dous pilotos e dous rescatadores, explicáronlles como era o seu traballo. Observaron os diferentes aparellos que utilizan para levar a cabo un rescate e tamén desfrutaron da experiencia de meterse dentro dun helicóptero.
Esta visita está enmarcada dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro".
MOITAS GRAZAS A TODO O PERSOAL DA BASE POR COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CO ALUMNADO DE CELEIRO!
PREMER NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS DA ACTIVIDADE
miércoles, 8 de junio de 2022
XORNADA DE TRABALLO NO COLEXIO
Na tarde do martes, 7 de xuño, rematamos o proxecto de creación de "PATIOS DINÁMICOS E DIVERTIDOS" e tamén foi o momento do traballo do Voluntariado de ALCOA.
No mes de outubro tivemos unha reunión coa ANPA do colexio e da mesma saíron moitos proxectos de colaboración, entre eles a posibilidade de realizar pintado de xogos nos patios do colexio.
- Primeiramente fixemos unha convocatoria de ideas: XOGOS NOS PATIOS DE RECREO
- Unha vez elixidos os xogos máis populares comezaron coa división dos patios e co pintado dos primeiros xogos.
- Por último, coa colaboración do voluntariado de ALCOA, pintáronse os últimos xogos.
- Nesta mesma tarde, tamén o voluntariado de ALCOA fixo as tarefas de mantemento e limpeza da charca e do entorno medioambiental do colexio. Este proxecto foi solicitado pola ANPA, o que lles proporcionou unha gran subvención. Gracias a todos os voluntarios!
Aproveitamos para agradecer á directiva da ANPA toda a colaboración prestada para poder realizar moitos proxectos en común.
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA XORNADA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)