sábado, 18 de junio de 2022

Unha clase de Educación Física moi especial

 O venres, 17 de xuño, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria, xunto coas mestras Madga e María José, marcharon cara á Praia da Abrela (Vicedo) para disfrutar dunha intensa xornada de clases de Surf, a cargo da  

Comezaron cunhas clases teóricas na area nas que lles explicaron as partes de táboa, a posición básica, e fixeron uns xogos de quecemento para pasar á auga, onde todo o alumnado subíu á táboa e “surfearon”.
Queremos dende aquí facerlle chegar á nosa gratitude aos monitores da Viveiro Surf Escola pola súa magnífica acollida e por todo o que nos ensinaron.
 

viernes, 17 de junio de 2022

Excursión ao Monte San Roque


O pasado mércores, 15 de xuño, o alumnado de Infantil foi de excursión ao Monte San Roque invitados pola ANPA e alí realizaron distintas actividades organizadas por ROQSPORT: visita aos animais, paseo e contacontos cun “trasgo”, xogaron  nos hinchables e puideron  tirarse polas  tirolinas. 
Pasárono xenial! 
No seguinte vídeo podedes ver algúns destes momentos. 
 
Moitas grazas a ANPA por organizar esta xornada.
 

 

viernes, 10 de junio de 2022

XORNADA MEDIOAMBIENTAL

 

Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

 A xornada dividiuse en 4 ambientes diferentes:

  • a primeira hora, todo o alumnado decorou a súa capa de superheroe e superheroína, con ela convertíronse en especialistas no coidado do Medio Ambiente
  • unha xincana de recolecta de lixo, 
  • proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta
  • un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña.
O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria están convocados a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos. O concurso está aberto ata o día 18 de xuño.
MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PRESENTACIÓN
PREMER NA IMAXE

VÍDEO DA XORNADA


 

jueves, 9 de junio de 2022

VISITA AO HELIPORTO DE CELEIRO

    

Todo o alumnado de Educación Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións do Heliporto de Celeiro.

O Heliporto Costa Norte é un heliporto situado na localidade de Celeiro, no Concello de Viveiro, nas inmediacións do Porto de Celeiro. Este heliporto foi construído a finais dos anos 80, e unha década despois modernizado e ampliado a unha superficie de 4.000 metros cadrados. Este heliporto é a base do helicóptero "Pesca 2", un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia. 
Na visita, dous pilotos e dous rescatadores, explicáronlles como era o seu traballo. Observaron os diferentes aparellos que utilizan para levar a cabo un rescate e tamén desfrutaron da experiencia de meterse dentro dun helicóptero.
 
Esta visita está enmarcada dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro".
 
MOITAS GRAZAS  A TODO O PERSOAL DA BASE POR COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CO ALUMNADO DE CELEIRO!
 
 PREMER NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS DA ACTIVIDADE
 




 

miércoles, 8 de junio de 2022

XORNADA DE TRABALLO NO COLEXIO

 Na tarde do martes, 7 de xuño, rematamos o proxecto de creación de "PATIOS DINÁMICOS E DIVERTIDOS" e tamén foi o momento do traballo do Voluntariado de ALCOA.

No mes de outubro tivemos unha reunión coa ANPA do colexio e da mesma saíron moitos proxectos de colaboración, entre eles a posibilidade de realizar pintado de xogos nos patios do colexio. 

  • Primeiramente fixemos unha convocatoria de ideas: XOGOS NOS PATIOS DE RECREO
  • Unha vez elixidos os xogos máis populares comezaron coa división dos patios e co pintado dos primeiros xogos.
  • Por último, coa colaboración do voluntariado de ALCOA, pintáronse os últimos xogos.
  • Nesta mesma tarde, tamén o voluntariado de ALCOA fixo as tarefas de mantemento e limpeza da charca e do entorno medioambiental do colexio. Este proxecto foi solicitado pola ANPA, o que lles proporcionou unha gran subvención. Gracias a todos os voluntarios!

Aproveitamos para agradecer á directiva da ANPA toda a colaboración prestada para poder realizar moitos proxectos en común.

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA XORNADA


 


domingo, 29 de mayo de 2022

SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO DE PRIMARIA

 O xoves, 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixo unha visita cultural á Fábrica de Cerámica de Sargadelos situada no Concello de Cervo.

Visitaron o Museo e a Fábrica para despois ir ata o Paseo dos Namorados onde viron unha fervenza. Remataron a xornada no parque. 

Foi un día moi completo e pasárono moi ben!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO



viernes, 27 de mayo de 2022

Visita da escritora Érica Esmorís

 Na mañá do xoves, 26 de maio,  o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer a Érika Esmorís, escritora primiada, ilustradora de grandes marcas, guionista e directora de casting de diversas pezas audiovisuais...

Durante o trimestre, o alumnado comezou a ler libros dela, concretamente "Patio de luces" en castelán e "Quen salva a un can" en galego.

Primeiramente, Érica realizou unha presentación interactiva sobre ambos libros, amosando en imaxes a orixe que tivo cada un deles. Tamén realizou xogos cos que amosou a creatividade coa que os escribiu, así como os valores que foi transmitindo. Posteriormente firmou cada exemplar.

VÍDEO DA ACTIVIDADE