viernes, 25 de febrero de 2022

E CHEGOU O ENTROIDO!

O meco manda... o meco ordena
e si non o cumprides.... xa sabedes...
que pagaredes condena...
Premede no vídeo para ver os seus mandatos!

Esta semana o cole estivo moi animado, primeiro cos mandatos do meco e hoxe venres, co desfile dos nenos e nenas polo barrio do Chao.

A continuación, amosámosvos un pequeno resumo do día.

Que vos divirtades moito neste entroido!!



miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Rosalía de Castro é, sen dúbida, unha figura clave das Letras e da Cultura Galega. Naceu o 23 de febreiro de 1837 e converteuse en peza fundamental do"Rexurdimento  galego”, é dicir, do rexurdir da cultura galega. 

Precisamente nestes tempos, nos que todos esperamos iso, “rexurdir” canto antes despois de meses escuros, Rosalía continúa de plena actualidade a pesar do paso do tempo.

 No colexio lembramos a Rosalía con moitas actividades:

  • No seguinte vídeo recollemos retazos deste traballo

  •  Elaboramos unhas chapas e colgantes para cada neno e nena do noso mural

  • Traballo do alumnado de 6º de Ed. Primaria 
  •  Traballo do alumnado de 4º de Ed. Primaria
  • Na Aula de Educación Musical musicamos o poema de Rosalía "Paseniño, Paseniño"
PREMER NAS IMAXES

  • No blog Bibliosoños temos unha páxina especial dedicada a Rosalía onde recollemos os traballos realizados en diferentes cursos. PREME NA IMAXE


miércoles, 16 de febrero de 2022

CHARLAS INFORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º de PRIMARIA

 

 O luns e martes, 14 e 15 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiron unhas sesións informativas a cargo do Policía Nacional Iván Castro Campos, Delegado de Participación Ciudadana, as mesmas están enmarcadas dentro do: Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Entornos.

Os temas abordamos foron:

  • Consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet (6º)
  • Acoso Escolar (5º)
 
 
O alumnado estivo moi atento ás explicacións e información audiovisual aportada polo policía Ivan, fixeron preguntas e tomaron boa nota dos consellos aportados.

Damos as gracias á Policía Nacional por colaborar con nós na tarefa educativa do noso alumnado.



sábado, 5 de febrero de 2022

Viaxe Cultural do alumnado de 5º e 6º de Primaria

 O venres, 4 de febreiro, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria fixeron a súa primeira saída deste curso para coñecer varios lugares do Concello de Cervo.

En primeiro lugar visitaron de forma guiada a fábrica de Sargadelos, podendo observar todo o proceso de produción, desde a manipulación da materia prima ata o pintado de cada unha das pezas.

A continuación visitaron o Museo de Sargadelos e a súa fabulosa biblioteca, aprendendo que este conxunto artístico non soamente foi arte, senón que formou parte activa da vida cultural galega con persoas tan destacadas como Isaac Díaz Pardo ou Luís Seoane.

A continuación foron a San Cibrao para facer unha visita ao Museo Provincial do Mar, onde disfrutaron de toda a animada información ofrecida pola súa guía. Observaron diversos animais, entre eles tartarugas ou ósos de baleas e recordaron a importancia da sostenibilidade e coidado da natureza.

Por último visitaron a Carpintaría de Ribeira deste mesmo pobo. Trátase dun traballo totalmente artesán e un oficio que se está perdendo e que non debemos esquecer.

Foi un día moi interesante!

PREME NA IMAXE PARA VER A REPORTAXE FOTOGRÁFICA