O mércores, 25 de maio, os nenos e nenas se 6º de Primaria visitaron as instalacións situadas no plígono de Cuíña en Cervo, onde coñeceron os conceptos básicos da a acuicultura do rodaballo.
O alumnado viu un pequeno vídeo explicativo da crío deste tipo de peixe plano para despois poder disfrutar das distintas zonas nas que está dividida a fábrica.
Divididos en dous grupos poideron ver como vai crecendo o rodaballo dende que é unha pequena larva ata que cumpre 100 días e sae da fábrica para o seu posterior engorde.
Ademais disto, o alumnado tivo a oportunidade de poder achegarse aos tanques de rodaballo para darlles de comer e utilizar o microscopio no laboratorio.
Chegou o día da clausura da Exposición Conxunta da MICRORREDE A MARIÑA:
"A voltas coas palabras"
Foi unha semana intensa con actividades dinamizadoras moi diversas e moi concurridas polas familias e público en xeral.
Na tarde do venres, 13 de maio, actuaron o Coro do CEIP de CELEIRO e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.
A mestra de ceremonios foi Karina Parga e o discurso de clausura correu a cargo do coordinador da biblioteca do CEP Lois Tobío, Iván Suárez.
O Coro do colexio, dirixido por Marta Pérez, levou a cabo o programa "A PALABRA FEITA MÚSICA": Contos e poemas musicados.
Os fabóns máxicos (conto de Hans Christian Andersen)
O Xigante Seisdedos (conto popular)
O frautista de Hamelin (conto dos irmáns Grimm)
Esta non é outra historia de piratas (baseado no conto de María Rolle con música de Marta Pérez)
Paseniño, paseniño (poema de Rosalía de Castro e música de Marta Pérez)
Salve, Bandeira! (poema de Florencio Delgado Gurriarán e música de Marta Pérez)
Felicitamos a todas as nenas e nenos que participaron no coro pois fixérono moi ben. Despois do traballo realizado nos ensarios recibiron moitos aplausos e moi merecidos. NORABOA A TOD@S!
Despois do discurso de clausura do profesor Iván Suárez actuou o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro a quen lle agradecemos a súa colaboración co coro do colexio. Tamén participaron no coro os profesores Mada Álvarez e Ricardo González, moitas gracias!.
Foi unha xornada moi intensa e que deixa moi bos recordos.
O martes, 10 de maio, os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Primaria viaxaron a LUGO para pasar un gran día cheo de actividades.
Pola mañá visitaron Rocolugo, un rocódromo onde dar os primeiros pasos en escalada e desfrutar de novas sensacións.
Despois xantaron nun parque preto do río Miño, para despois ir ata o centro de Lugo comer un xeado e visitar a praza maior.
Pola tarde, percorreron toda a Muralla Romana e visitaron O Vello Cárcere nunha visita guiada onde lles explicaron o uso do edificio e a súa arquitectura.
No seguinte vídeo tedes unha mostra gráfica do día.
Na mañá do venres, 29 de abril, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria puideron desfrutar dun magnífico día de praia acompañados dun gran guía.
A través de Mares de Cultura recibiron unha charla na biblioteca do colexio sobre a fauna e a flora dos nosos ecosistemas mariños.
Posteriormente foron andando ata a praia de Area para facer un percorrido intermarieal e observar en directo e cn gran experto as especies mariñas da nosa contorna.
O resultado da actividade foi moi satisfactorio, de seguro que repetiremos!
Celebramos o Día do Libro, e que mellor maneira que presentándovos a curta "UN CONTO CHEO DE LOBOS", unha adaptación do conto do mesmo nome da editorial OQO, elaborada polos nenos/as e mestres de 5º e 6º de Ed. Infantil.
Este é o produto final do proxecto "Nos tamén creamos!" no que os mestres Cristina e Dani, xunto co seu alumnado, estivo traballando durante todo o segundo trimestre.
Este programa do Plan Proxecta, trata de propocionar o uso e valoración da lingua galega, por medio da creatividade e da incorporación das novas tecnoloxías da comunicación e información, ás aulas.
Durante a elaboración desta curta, pasaron por un longo proceso: elixiron o conto, de entre os que lles facilitaron OQO editores, fixeron a súa adaptación propia, elaboraron o guión gráfico ou story board, deseñaron e fabricaron escenarios e personaxes, aprenderon a animar coa técnica stop motion, gravaron e puxeron voz á curtametraxe que presentaron tamén ao concurso : Nos tamén creamos!
Un fantástico traballo que, de seguro vos vai encantar!!
Tamén vos propuxémos reproducir dun "xeito caseiro", a portada dun libro ou conto que vos gustara, tentando repetir esa portada.
Para iso, podíades facer varias cousas:
- caracterizarvos das persoaxes
- facer un debuxo aplicando diferentes técnicas
- ou facer un bookface.
Despois, tiñades que sacar unha foto e envíala ao email da nosa biblioteca.
Pois ben, o resultado foi o seguinte:
Fostes moitos os que participástedes e fixéchedes moi bos traballos!
Gracias por participar, seguro que vos divertíchedes moito recreándoas. Encantáronos todas as portadas!
Os nenos e nenas de Infantil agasallaron cun libro, expurgado da nosa biblioteca, ás familias.